top of page
TOP

O Museo das historias de Corcubión

É un proxecto de recuperación dos segredos de onte en mans dun pobo, localizado na Vila de Corcubión e posta esta en relación co territorio do que forma parte, a Costa da Morte

​A singularidade do Museo das historias de Corcubión é que como lugar está sempre latente no pobo e só aparece cando se contan os seus relatos dentro do tempo dun paseo. Cando o museo se manifesta, o pobo trócase no espazo de resonancia das voces.


 

Para visitar o Museo debes de solicitar un paseo comisariado. Podes ver os paseos dispoñibles aquí

Galicia, dicía Emilia Pardo Bazán, é riquísima en tradicións populares mais pobre en crónicas escritas. Os segredos do onte xacen depositados na memoria do pobo. Recollelos e conservalos é unha obra colectiva que se ten que realizar en múltiples formas.

Tomando as historias de Corcubión como elemento central deste proxecto, o Museo artéllase realizando os labores específicos deste campo de traballo:

 

1. Investigación e recuperación: Procúranse retallos de oralidade, imaxes e obxectos transmitidos de boca en boca e de man en man para coselos cos retallos dispersos das fontes científicas. Con este fin fanse recollidas das historias dun pobo, contadas polo propio poblo, dos rastros materiais e inmateriais expresados nos seus edificios, as súas rúas e os seus símbolos e poñense a dialogar coas fontes recollidas desde os saberes específicos de distintas disciplinas como son a historia, a antropoloxía, a socioloxía, a arqueoloxía, a literatura, as artes, etc.

 

 

2. Conservación e posta en valor:

Asumindo o carácter indemostrable de algúns dos feitos, compóñense relatos e deséñanse paseos coidadosamente elaborados dando sentido á polifonía dos materiais para contalos ao público visitante do museo. Durante moito tempo e en moitos lugares, a palabra foi a forma máis popular, e as veces a única, de conservar e transmitir a memoria.

Este museo é un proxecto artístico e curatorial de Maria Bella.

bottom of page